-Cari, teño unha sorpresa.- a cara de Billy é unha
mestura entre complicidade e secretismo.
-Huh?- Diana incorpórase na cama e recolle a
camiseta tirada no chan para poñela.- De que se trata? É un regalo?- ilumínanselle
os ollos.
-Hum… algo así. Agarda que cha ensino.- Billy sae da
habitación e axiña regresa cunha espada xaponesa, unha katana, enfundada nunha
funda de madeira e cun par de borlas na empuñadura. Diana, que aproveitou para
prender un pitillo post-coital, mira marabillada a arma.
-Wow, pero é auténtica?
-Pois claro que é auténtica.- Billy saca a espada da
funda, semella estar afiada de verdade.- É unha réplica dunha Muramasa, aquelas
que perdeu o emperador xaponés cando fuxiu a China ao acabar a Segunda Guerra
Mundial. Ou iso dicía na páxina web.- Diana escoita a explicación sen demasiado
interese.
-Semella perigosa, deberías gardala antes de que te
cortes un dedo.- di Diana, rindo polo baixo.
-Non sexas parva, ben sabes que levo andando con
estas cousas dende que era un adolescente. E aínda falta o primeiro día que
pase algo.- Billy da un par de estocadas ao aire.
-Tranquila muller, mira se estas máis tranquila imos
para o salón que hai máis espazo.
No salón e xa cos pantalóns postos, Diana senta no
sofá e Billy comeza a xogar coa espada, dando espadazos emulando a un samurai.
-Pero dáseche moi ben, eh.- di Diana nun ton irónico
que para Billy semella sincero.
-Home! Para algo estiven mirando movementos de kendo
en Internet.
-Si, ti e máis internet…- Diana prende outro
pitillo.
-Mira isto!- Billy fai unha sucesión de movementos
verticais e horizontais en cadea, incluíndo un golpe co pomo da espada.
-Que, que che parece?- Billy ten a mirada dun neno
de cinco anos cun pau que acaba de atopar no monte e parécelle ideal para xogar
aos samurais.
-Que vas acabar rompendo algo.- Diana ri.
-Bo, sempre me cortas o rollo.- ante a resposta a
rapaza prende outro pitillo.-Fumas moito, deberías cortarte, que inda vas
coller un cancro ou algo.
-Vai ao carallo, míster ninja do pau.- di Diana
chiscando un ollo.
Nunha destas, a longa espada escapase das mans de
Billy e, sen saber moi ben como, remata cravada na parte central do torso de
Diana, quen comeza a berrar coa dor.
-Ai Deus! Perdón! Perdón! Estas ben?!- Diana berra e
comeza a chorar, histérica.
-AH!! Chama a unha ambulancia, rápido! AAAAH!!- a
empuñadura da katana fai contrapeso coa folla e turra dos intestinos de Diana
cara arriba, provocándolle unha dor terrible. A moza tenta agarrar a espada
para evitar a presión, co resultado dun corte na man e máis dor debido ao
intento de moverse. Billy está completamente paralizado, suando.
-AAAUUGH!! Chama ás… putas… urxencias!!- cada
palabra é un novo pinchazo de dor para Diana, mostrándose en forma de palabras
entrecortadas
-S-si, agora mesmo! Onde carallo teño o móbil!? Ah,
na mesiña de noite!
-Apura hostia!!- Diana apenas pode falar, a espada
semella bastante afundida no seu estómago. Billy corre á habitación, colle o
móbil ás presas, tirando a lámpada e o tabaco de Diana ao chan, a bombilla da
lámpada escacha ao impactar esta co chan, ciscando cristais ao lado da cama.
-Ola!? 112? A miña moza ten unha katana cravada na
barriga! Axuda por favor!!
-Como? O que no estómago?
-Unha espada! Unha puta espada! No estómago! Esta
morrendo, que fago?!
-Vale, tranquilícese, dígame a dirección antes de
nada e mandamos unha ambulancia.- o do teléfono de urxencias mantén a calma, si
ben mostra unha actitude de sorpresa antes o extraño do caso. Comeza a matinar
as causas.
-Rúa Santiago de Cuba, número 37 2ºF. Dígame que
fago, por Deus!- Billy pode oír os berros de dor de Diana. Comeza a chorar el
tamén.
-A ver, o importante é que non traten de sacala,
pois podía causar máis dano. Agarden pola ambulancia e dígalle que manteña a
calma.
-Como vai manter a puta calma?!- di Billy con voz
lacrimal.-Ten unha puta espada cravada na barriga!
-Poñerse nervioso non vai axudar en nada.- espétalle
o que esta ao outro lado do teléfono.- A ambulancia chegará nuns minutos.-
Billy rebenta o teléfono contra a parede de pura impotencia. Corre cara o
salón, onde Diana sigue queixándose e berrando.
-Cariño, cariño, que fago?
-Quítame isto!! Augh…- unha poza de sangue comeza a
acumularse no colo de Diana e no tapizado de coiro do sofá.
-Non, faríache moito máis dano. Tes que aguantar así
ata que cheguen os médicos.
-Estame rachando… aguanta a espada recta polo menos…
por favor…- a folla está orientada cara arriba e desprázase pouco a pouco,
abrindo á moza en canal.
-Vale… vale… tranquila… a ambulancia está de
camiño.- Billy agarra a espada, trémenlle as mans. En resposta Diana bota un
berro.
-AAHH!! Pero mantena quieta, animal!
-Perdoa! Perdoa! Joder, joder…- Billy semella ter
parkinson.-Agarda, vou ver si podo poñer unha mesa ou unha cadeira para
apoiala.- Billy solta a espada e achégase a unha mesiña do salón.
-AAAH!! Pero non a soltes, gilipollas!!
-Perdoa!!- Billy volve agarrar a empuñadura, co
correspondente berro de dor.
-AAAI! Vou morrer, vou morrer… doeme moitísimo…- a
voz soa desesperada.
-Non, tranquila! Desta saímos xuntos! Coidarei de
ti!- os lagrimóns caen polas meixelas do rapaz, que neses momentos ten a mirada
perdida, semellante á dun ionki de metanfetamina. Diana comeza a fechar os
ollos.
-Non durmas, amor! Aguanta por favor!- un fío de
sangue comeza a saír da boca da moza, tuse e queixase da dor, Billy tenta
manter a espada o máis estática posible.
-Vou morrer…- soa o porteiro automático.
-Por fin, joder!- Billy solta a espada, provocando
máis dor no corpo da súa querida e responde ao telefoniño só premendo o botón
de abrir a porta, ca intención de volver o antes posible ao salón. Un minuto
despois os do SAMUR entran no salón, e actúan rapidamente, sen poder agachar
aínda así a súa sorpresa ante o estrambótico caso.
-Pero que carallo fixeches rapaz… rápido, deitádea
na padiola.
-Foi un accidente! Vaise poñer ben?
-Aparta, por favor.- o enfermeiro empúrrao cara o
outro extremo do salón.- 500ml de sangue.- os da ambulancia póñenlle unha vía e
déitana na padiola con extremo coidado, Diana está pálida e comeza a tusir
sangue.
-Vamos, rápido, ao ascensor. Agarra a espada para
que non se mova. E chama á policía en canto cheguemos.
-Policía?! Se foi un accidente! Dillo ti, amor!-
Diana só consegue articular un “non, que non veña…” moi baixiño
-Rapaz, non te movas de aquí.
Billy ignora o consello dos enfermeiros e baixa
polas escaleiras. Pretende montar na ambulancia, ata que un deles empúrrao para
sacalo da ambulancia e péchalle a porta na cara. Queda sentado, só, no medio de
estrada, saloucando, sen saber moi ben como chegou a esta situación e botando
de menos o ben que estaba facía apenas vinte minutos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario