22 de xul. de 2010

SMS SS

Remato de escribir e mando a mensaxe, confiando ter saldo suficiente. Enviando mensaxe...

26 de maio de 2010

Trigger

E aquí estou outra vez. Como fai dous anos. Espero a que entre un vello mentres fumo un pitillo, entro detrás del. Está todo igual. A entrada mal iluminada, o cristal da porta do ascensor escachado, o teito do ascensor segue tendo “MIKE” escrito con queimaduras de chisqueiro. É a súa porta. 4ºC. Son as dúas e media. Timbro na porta. Non contestan. Peto e volvo a timbrar. Escoito pasos. A súa voz.
-Quen é? Non timbrou abaixo?
-Son eu. Abre.
Quita a cadea da porta e abre. Leva o pelo máis longo, atado nunha coleta. Recoñezo a camiseta, regaláralla eu.
-Nathan...

24 de mar. de 2010

AA

-Hola, chámome... Cornelius. Son alcohólico, pero levo dous meses sen beber. Sinto que cada vez faise máis costa arriba, por iso decidin acudir aquí.
-Hola Cornelius, benvido ao grupo. Estamos aqui para axudarche e oír o que teñas que contarnos. Comparte con nós a túa historia. Adiante.
-Si... estou algo nervioso. Non sei si estou preparado para falar de todo diante de tanta xente.
-Enton cóntanos simplemente que fixeches hoxe, como che foi o día? Un día sen alcohol, agardo.
-Ah, ben, ben. Pois... erguinme coma sempre para ir a traballar sobre as oito, e a miña muller xa me tiña preparado o almorzo, unha grata sorpresa. Almorzamos cos rapaces e despediume cun bico, acórdome porque xa... facía tempo que non... desculpade. Despois deixei os rapaces na escola e fun ao choio. Foi unha mañá bastante dura, tiven que entregar varios informes e despois de comer fixen unha presentación. O volver a casa recollín aos rapaces das clases de inglés e relaxeime na casa vendo unha película coa miña muller despois de cear e meter os críos na cama. E mais ou menos cara as once viñen para aqui, pero estropeuseme o coche polo camiño e atopeime co móbil sen bateria. Sorte que un amable policía deixoume o seu móbil para chamar á grúa. Logo fixen o resto do camiño andando. E eso é todo máis ou menos. Por certo, alguén podería achegarme *hip* ata a miña casa?

20 de feb. de 2010

Interlude

Mediocre. Debería ser a palabra de moda. Xente mediocre, en vidas mediocres, que aspiran a ser como uns ídolos mediocres que triunfan precisamente pola sua mediocridade, porque son igual de mediocres que os mediocres que os admiran.

1 de feb. de 2010

The end of the line

Suor. Cansado. Cicatrices. Sanguinolento. Morto. Sínteste morto. O que está morto non se pode matar. Eres inmortal. Eres deus.

3 de xan. de 2010

Born of a broken man

Desperteime como cada mañá, e como cada mañá ducheime, vestinme, collín o meu coche e tomei o meu café mentres folleaba o meu periódico e o meu pitillo consumiase nun cinceiro da miña cafeteria habitual. Un asqueroso dia normal nunha asquerosa vida normal. Outro clavo no meu caixón. Outra folla arrincada do calendario. 24 horas menos de vida. Un paso máis sen retorno cara un futuro gris, baleiro, que só podia asegurarme unha mecedora e unha manta dentro de 40 anos si todo salia ben. Ou eso era o que pensaba mentres me chutaba a miña dosis de cafeína e nicotina matinal.