24/03/2010

AA

-Hola, chámome... Cornelius. Son alcohólico, pero levo dous meses sen beber. Sinto que cada vez faise máis costa arriba, por iso decidin acudir aquí.
-Hola Cornelius, benvido ao grupo. Estamos aqui para axudarche e oír o que teñas que contarnos. Comparte con nós a túa historia. Adiante.
-Si... estou algo nervioso. Non sei si estou preparado para falar de todo diante de tanta xente.
-Enton cóntanos simplemente que fixeches hoxe, como che foi o día? Un día sen alcohol, agardo.
-Ah, ben, ben. Pois... erguinme coma sempre para ir a traballar sobre as oito, e a miña muller xa me tiña preparado o almorzo, unha grata sorpresa. Almorzamos cos rapaces e despediume cun bico, acórdome porque xa... facía tempo que non... desculpade. Despois deixei os rapaces na escola e fun ao choio. Foi unha mañá bastante dura, tiven que entregar varios informes e despois de comer fixen unha presentación. O volver a casa recollín aos rapaces das clases de inglés e relaxeime na casa vendo unha película coa miña muller despois de cear e meter os críos na cama. E mais ou menos cara as once viñen para aqui, pero estropeuseme o coche polo camiño e atopeime co móbil sen bateria. Sorte que un amable policía deixoume o seu móbil para chamar á grúa. Logo fixen o resto do camiño andando. E eso é todo máis ou menos. Por certo, alguén podería achegarme *hip* ata a miña casa?