26 de maio de 2010

Trigger

E aquí estou outra vez. Como fai dous anos. Espero a que entre un vello mentres fumo un pitillo, entro detrás del. Está todo igual. A entrada mal iluminada, o cristal da porta do ascensor escachado, o teito do ascensor segue tendo “MIKE” escrito con queimaduras de chisqueiro. É a súa porta. 4ºC. Son as dúas e media. Timbro na porta. Non contestan. Peto e volvo a timbrar. Escoito pasos. A súa voz.
-Quen é? Non timbrou abaixo?
-Son eu. Abre.
Quita a cadea da porta e abre. Leva o pelo máis longo, atado nunha coleta. Recoñezo a camiseta, regaláralla eu.
-Nathan...