20 de feb. de 2010

Interlude

Mediocre. Debería ser a palabra de moda. Xente mediocre, en vidas mediocres, que aspiran a ser como uns ídolos mediocres que triunfan precisamente pola sua mediocridade, porque son igual de mediocres que os mediocres que os admiran.
Todo é de plástico: ordenadores de plastico, botellas de plastico, móviles de plastico, tetas de plastico, televisións de plastico... Vidas de plástico. Nadamos nun mar de plastico, perdidos, naufragados desde que nacemos. É certo. O primeiro que tocamos o nacer? Os guantes do médico, de plastico. O primeiro que comemos? Biberóns, de plastico. O noso primeiro xoguete? Seguro que de plástico. Os nosos fillos? Sairán dun plástico roto. Somos a xeración de plastico, irreales, ilusións, un atrezzo no gran escenario, actores dunha horrible telecomedia. Poñennos gafas de 3D, fannos prescindir da realidade. Para que? Si a television agora ten mais definicion que a vida real. E mellor ver cousas que facer cousas. Experimenta o mundo sin levantarte do sofa. É a gran promesa, o soño americano. Tes que saber mais sobre ese actor famoso con quen nunca falarás que sobre ti mismo, saber antes sobre os lios de dous famosos que si o teu fillo esta meténdose un par de tiros en calquer antro, coidar mellor da tua encarnación virtual que do teu bebé que agora dorme nun contenedor. Falo para evadirte dese traballo, de esas horas nas que estas atrapado no engranaxe, entre duas rodas dentadas que che aplastan a conciencia, da xiringa que che zuga o sangue, da droga que flue polos bancos de forma liquida. Encadeate, non para protestar, non necesitas ir a ferreteria, sinon a unha axencia de credito, firmas a tua propia condena, cadea perpetua na casa. Cando te hipotecas, non so pagas con cartos, eso non é o importante, pagas co teu tempo de vida, ca tua enerxía de traballo, vendes a tua vida. E inda lle botas a lotería cada semana "por si cae algo".
Que asco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario