22 de xul. de 2010

SMS SS

Remato de escribir e mando a mensaxe, confiando ter saldo suficiente. Enviando mensaxe...

A mensaxe, un sobreciño con ollos, mans e pes; camiña por un túnel. O túnel interrómpese e encóntrase con dous gardas, representados nesta ocasión pola palabra "Orange" en letras 3D con mans, pernas, ollos e un uniforme de policía; nun control ó aire libre, as árbores pixeladas e os paxaros poligonales. Pídenlle os cartos da peaxe, él di que ven dun móbil pobre e sen saldo, que so quere cumplir o seu cometido e facer chegar a sua mensaxe. Os gardas rin , e dinlle que sin saldo non pode pasar. A mensaxe, decidida a pasar, bota a correr tentando saltar a barreira, pero os gardas placana e danlle uns porrazos no chan. A mensaxe, cun ollo morado, moratóns no sobre e xa medio aberta polos golpes, non se da por vencida. Nun movemento rápido, quitalle a pistola a un dos gardas e apúntalle. "Deixame pasar! Teño que pasar!", a voz da mensaxe trabase e cuspe uns cantos datos. "Tranquilizate! Non dispares!" dinlle os gardas. "Deixádelle pasar! Levanta a barreira!" berra o garda cas mans arriba. "Pero señor, a compañía...", "levanta a puta barreira!". A mensaxe, satisfeita, dase a volta e corre para seguir o seu camiño cara o móbil de destino. E xusto cando vai pasar a barreira, un dos gardas dispáralle polas costas. A mensaxe cae o chan, ferida de morte, un charco de datos o seu redor. "So quería pasar..." é o ultimo que di. A cara do que enviou a mensaxe, expectante de resposta, o último que lle pasa pola mente. "Todas acaban igual", sorrí o garda. Que tipo de mensaxe sería? Quizais unha declaración de amor ao estilo das series de adolescentes? Ou simplemente un "Mamá, estou ben, non te preocupes". Sería unha mensaxe de ruptura? "Non é por ti, é por min. Que carallo, si que é por ti!". Ou simplemente malas novas en xeral. Acaso importa? Non seremos nós tamen mensaxes que buscan un destinatario, un fin? Non será o "saldo" o que realmente nos limita nas nosas aspiracións? Non será a verdade que...

"Fallo ó enviar a mensaxe"
-Merda!

"Agora, volve á realidade. Esto está pasando. Cada hora. Cada minuto. Terrible"

Ningún comentario:

Publicar un comentario