26 de maio de 2010

Trigger

E aquí estou outra vez. Como fai dous anos. Espero a que entre un vello mentres fumo un pitillo, entro detrás del. Está todo igual. A entrada mal iluminada, o cristal da porta do ascensor escachado, o teito do ascensor segue tendo “MIKE” escrito con queimaduras de chisqueiro. É a súa porta. 4ºC. Son as dúas e media. Timbro na porta. Non contestan. Peto e volvo a timbrar. Escoito pasos. A súa voz.
-Quen é? Non timbrou abaixo?
-Son eu. Abre.
Quita a cadea da porta e abre. Leva o pelo máis longo, atado nunha coleta. Recoñezo a camiseta, regaláralla eu.
-Nathan...

 -Que tal, Kat. Fai moito que non nos vemos. Dous anos case non?
-Que queres?
-Tranquila, non veño por ti. Fai moito que deixei esa merda atrás. Veño por negocios.
-Negocios?
-O idiota co que vives, segue sendo o mesmo de antes?
-Que pasa con Will?
-Ah si, Will. Pois o teu querido Will debe 2400 euros en pérdidas ó póker.
-Merda, Will... dixérasme que o deixaras...
-Un cabrón mentireiro sempre será un cabrón mentireiro, non sei de que te sorprendes. Por certo, está por aquí? Dixo que tería os cartos para hoxe.
-Non... non está.
-E cando vai voltar?
-Supoño que en 10 ou 20 minutos, foi tomar algo cuns amigos.
-Vaia, vaia, inda porriba dálle ben á bebida.
-Só bebe de vez en cando! Só de vez en cando...
-A min non me tes que dar explicacións. Bueno, creo que esperareino dentro, se non che importa.
-...
-Co teu permiso...
Kat apartase da porta e entro no piso. Diríxome cara o salón e sento no sofá. Cambiaron a tele. E os sofás. Kat ségueme e séntase en fronte miña.
-Impórtache que fume?
-Non.
-Tes un cinceiro por aí?
-Si, espera.
Vai a cociña e volve o pouco cun cinceiro, que deixa enriba da mesa do salón. Saco un “Camel” e encendoo. Vexo a mestura de rabia e medo nos ollos de Kat, non mira para min en ningún momento. Saco o móbil e miro a hora, as tres menos vintecinco.
-Dis que vai chegar en breves non?
-Si.
-E non podes chamalo? E que teño máis cousas que facer, quería ir comer algo e iso.
-Podo chamalo... que lle digo?
-Dille que ten unha visita de parte de Mr. Jack.
-Mr. Jack?
-Si, el xa o entende.
-Vale.
Levántase e vai ó teléfono fixo da entrada. Marca e dille o recado o tipo. Volve e sentase outra vez.
-Dixo que viña o máis rápido posible.
-Cos cartos?
-Non dixo nada.
Os minutos pasan lentamente mentres consumo o pitillo. Kat está mirando seguido cara o chan. Ergue a cabeza.
-E entón... como perdeu tanto?
-Pásalle moito os novatos que se creen que poden ir a primeira división só porque tiveron un par de rachas. Eu mesmo estaba na partida, de feito a min concretamente débeme 450 pavos. Comezou xogando con bastante cabeza, pero despois dun par de mans nas que arrasou, empezou a ir a absolutamente todo, é na última man perdeu con dous reis contra dous ases. Éche así o xogo, non podo dicir que eu non faría o mesmo.
-E que... que lle vai pasar?
-En principio si trae a pasta nada. Senón depende da cantidade de cartos que este disposto a darme hoxe e de si decido que podo contar con que me de o resto nun prazo razoable de tempo.
Cravoume a mirada nos ollos.
-Desde cando es así Nathan...
-Non estamos aquí para falar de min. E máis, o último que quero é falar de nada. Vamos a facer que sexa rápido e indoloro, vale? Menos para Will, en caso de que me falle.
-Will...
-Tranquila, mañá seguramente xa terás esquecido todo isto e poderás seguir ca túa vida.
Ruído de chaves. Ábrese a porta. É Will. Apago o pitillo e érgome do sofá.
-Boas, William.
-Nathan!
-Creo que xa sabes a que se debe a miña visita.
-Verás... inda non teño os cartos.
-Non tes nada?
-Quédanme 350 pavos tío, e temos que pagar piso e facturas... Espero que o entendas...
-Oh... claro que o entendo. Entendo que queres putearme. Que me estas vacilando, ou pensas que son idiota ou algo así.
-Eu... non...
Saco a pipa do peto da chupa, unha Jericho 941. Agárroo polo pescozo cunha man e apúntolle. A súa mirada tornase en puro medo, respira axitado, comeza a tremer, ponse colorado. Kat pega un berro.
-Sabes que? Creo que che vou rebentar a cabeza agora mesmo. Sabes porque? Non é o feito que debas pasta. Nin o feito de que xa sei que non a vas a ter e vou ter que volver a semana que ven para ter esta mesma conversa. Queres saber realmente porque? Porque por culpa túa aínda non comín. E teño unha fame da hostia. E cando teño unha fame da hostia estou fodido. E cando estou fodido non hai cousa que máis me guste que rebentarlle dun tiro a cabeza a un pufero fillo de puta. Demo, podería dicir que cando estou tan fodido o único ó que quero dedicarme é a rebentar cabezas de puferos fillos de puta. Enténdesme ti a min? Comprendes o que che estou dicindo?
-S-s-si...
Sóltoo e baixo a arma. Comeza a toser e a recuperar o alento.
-Ben, só quería que o tiveras claro.
-Puf... agh...
Amartelo a pipa e dispárolle nun pé. Berra de dor e cae o chan.
-Ten a pasta para a semana. E non se che ocorra fuxir, a menos que queiras suicidarte.
-V-vale... augh...
Gardo a pistola inda quente.
-Veña home que non foi para tanto.
Agáchome e doulle un par de bofetadas de forma afectiva.
-Adeus, Kat. Xa nos veremos.
Saio pola porta mentres prendo un pitillo. En canto saio vou o bar de enfronte do piso a por un bocadillo. De críollo. Encantábanme como os facían naquel bar, sempre os collía cando estaba con Kat. Mesmo dono, mesmo ambiente, mesmos vellos botando a partida e mesmo bocadillo.
Supoño que algunhas cousas nunca cambian.

Ningún comentario:

Publicar un comentario