3 de xan. de 2010

Born of a broken man

Desperteime como cada mañá, e como cada mañá ducheime, vestinme, collín o meu coche e tomei o meu café mentres folleaba o meu periódico e o meu pitillo consumiase nun cinceiro da miña cafeteria habitual. Un asqueroso dia normal nunha asquerosa vida normal. Outro clavo no meu caixón. Outra folla arrincada do calendario. 24 horas menos de vida. Un paso máis sen retorno cara un futuro gris, baleiro, que só podia asegurarme unha mecedora e unha manta dentro de 40 anos si todo salia ben. Ou eso era o que pensaba mentres me chutaba a miña dosis de cafeína e nicotina matinal.

Habia un aire extraño na oficina. Algo indescriptible, pero que esta ahi. Non se ve, non se oe, non se cheira, pero podes sentilo, turbando o que deberia ser un remanso de paz e monotonía, mandando o carallo todo ese tedio producido polo golpe das teclas e o ruido das sillas arrastrandose, polas paredes brancas e as pequenas palmeiras nas macetas que xa abandonaran calquera esperanza de volver o seu medio natural, solo coñecido por elas a traves de fotos e reportaxes do National Geographic, eso si puideran leer ou siquera tiveran o sentido da vista, e inda asi dubido que tiveran ánimos para soñar con eses sitios que o home inda non pervirteu ca sua uniformidade e desidia, por iso so lles quedaba como pequena vinganza o desplome das suas follas cara o chan, provocando máis traballo en quen fora a nai solteira de dous fillos que se encargara de limpar. Sentin eso cando entrei e fixome sorrir por dentro, significaba que a miña humanidade inda non estaba completamente sepultada polo cemento e os cristais, que podía sentir, conervaba o instinto. Pero esa sensacion axiña se difuminou entre fume e papeleo, metido na miña caixa, intentando averiguar porque un payaso calquera non quere pagar as mensualidades do seu seguro médico.

-Bos dias, chamoo porque fai dous meses que non recibimos o pago do seu seguro - cada vez que soltaba ese monton de bazofia sentiame un pouco máis miserable.-Vamos ter que retirarlle a cobertura.
-Mira imbécil, hoxe xa me chamaron os dos móviles para cargarme 350 pavos de chamadas que eu non fixen e os da compañía eléctrica queren cortarme o suministro por impago dunha factura de 1200. Asi que xa podes ir comerlle a cabeza a tu puta madre.
-Señor, creo que non e necesario faltar o respeto, so quero axudarlle.- estaba empezando a suar, agarrei con forza o telefono e apretei os dentes.
-Que respeto nin que carallo! Estou hasta os collóns dos gilipollas coma vos, explotadores, timadores, fillos de puta! Eu teño unha familia que manter e non parades de espoliarme, explotadores!
-Señor, sera mellor que se tranquilice, todos temos problemas, eu só son un empregado e este e o meu traballo.- encendín un cigarro para tranquilizarme, estaba suando.
-Non me sale dos huevos tranquilizarme! Si queren os cartos demandeme!!- o fume do pitillo entrarame nun ollo.
E entón explotei.
-Mira, payaso do carallo, ninguen che mandou casarte e ter fillos, ninguen che obligou a ter un puto traballo de merda e vivir nun cuchitril, non che puxeron unha pistola no peito para deixar a secundaria e condenarte a unha vida na que a mellor opción que tes e tirarte dun quinto piso para que polo menos o dia do teu enterro alguen pense durante uns minutos na tua patética existencia. Asi que deixa de tocarme as pelotas, paga o que debes e despois como si che atropella un tren, sudama.

Cando me din conta, estaba de pe, acababa de berrarlle todo iso a aquel tipo polo teléfono. Oin un salouco e colgou. Toda a oficina se quedara mirando para min, boquiabertos, vendo como me alonxaba do vasieiro e quitábame o meu traxe de porco e volvía a ser humano outra vez. Eu co teléfono na man, os ollos moi abertos, suando a cachón e co cigarro na boca, ca mente en branco. Tras a sorpresa inicial, volvín sentar, coa mesma cara, aínda co teléfono pegado a orella, e sentaron todos, volta a normalidade despois da tormenta. O xefe achegouse a min e con voz seria dixome que queria verme no seu despacho en 5 minutos. Asentín ca cabeza, aínda ca mirada perdida. Non recordo en que estaba pensando neses momentos, quizais en absolutamente nada. E entón dinme conta. Tiña toda a razón do mundo. Non había volta atrás.
Dirixinme a oficina do xefe, estaba tranquilo, sereno. Xa sabía o que ia a pasar. Tiña que facelo. Sentía que me ia arrepentir o dia seguinte, pero dábame igual.
-Sente, por favor. Non, mellor non se moleste. Esta despedido.
-A canto ascende o meu finiquito?- preguntei cunha voz grave
-Eh? Pois... a 3000 euros máis ou menos
Acerqueime a el, botei o fume e lanceille un golpe no centro da cara. Sentin como o seu nariz se desfacía debaixo do meu puño. Caeu o chan, sangrando. Unha patada nas costelas acabou de tumbalo. Parecía un pobre bebé indefenso, un millonario no deserto sin unha gota de auga.
-Acabo de aforrarlle 3000 euros, disfruteos.
Encendín outro cigarro, tirei o anterior na moqueta e piseino co pe. Mentres collía as poucas cousas que tiña na mesa, ninguén mirou para min, ninguén me dixo nada. Sentin o desprecio e o asco de esa xente, de aqueles que non se acercan o apestado por medo a contaxiarse, dos que se alonxan dos vagabundos e dos negros sin cartos.
-Que vos den polo cu.
Tirei o pitillo na alfombra da entrada e saín pola porta, calmado, serio.

1 comentario:

  1. cona que arrabeado estás! normal
    pero non uses pallaso coma insulto ostia. Ola por certo

    ResponderEliminar