23 de xan. de 2011

O último telediario

Todas as informacións apuntan a unha posible capitulación por parte de...
[...] ..."e só poderemos aceptar unha rendición sin condicións" son as palabras do Comandante Maior James Whitefield sobre o recente conflicto en... [...] Un dos nosos enviados en Marte, Matthew Robson, confirmanos a noticia: acabou a guerra... [...] O presidente das Nacións da Terra, Richard Marteen, lanzou este mediodía un comunicado global, en palabras do presidente: "non hai motivo para desconfiar das intencións dos Centauri, temos mais de cen millóns de refuxiados no noso planeta que, coma nos, só queren ver o final deste horrible conflicto [...] 'A tecnoloxía do gravitón é pura ciencia-ficción', declara o Investigador en Xefe do "Proxecto Kronos", 'a tan temida "arma do xuízo final" non é máis que propaganda centauri, todos os resultados do reactor "Uranus-2" son negativos...' [...] En outra orde de cousas, hoxe conmemoranse 150 anos da morte de Paul McCartney. Repasaremos a obra do músico inglés nun especial que se emitirá hoxe ás...

Ningún comentario:

Publicar un comentario