5 de xul. de 2011

Arena

O ruído do público cesou durante 2 segundos, exactamente o que o xigantesco rival tardou en arrincar a cancela de ferro que o separaba da súa seguinte víctima. En canto a pesada porta de barrotes tocou o chan puidose ver completamente á besta que volveu a por de moda os combates. Inda así, Eukrates viase confiado, a pesar da diferencia de 143 kilos que o separaban do seu ruidoso e babexante contricante. Entre os nobres podíanse distinguir frases do tipo "Din que é capaz de rebentar un grano só con facer forza cos músculos da cara" e "Por fin está pagando a pena o abono de temporada!" Co tridente na man, Eukrates deu un paso adiante por fin. A besta fixou a súa vista nel.


-Non che teño medo ningún, pois a diferencia de ti, eu confío menos na forza e máis nas miñas capacidades ment...

Antes de poder rematar a frase, as capacidades mentais de Eukrates mezcláranse nun zume vermello, gris e marrón co chan da area. O xigante limpase a baba da boca e solta un resignado sospiro. Silandeiramente e con expresión aburrida e decepcionada, o brutal contrincante volve dentro do coliseo, coma un barrendeiro que xa acabou esa rúa e arrastra o carro cara outra, sabendo que mañá voltará a estar sucia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario