23/12/2014

Cuba

Cuba,
a illa aillada,
a bloqueada, aldraxada,
"os iankis enchérona de putas"
Cuba, a desexada,
polos galegos que aínda aguantan na casa
agardando caer polo precipicio,
ás súas augas.

Habanera sen falda,
has de comer que estás nos ósos.
Cántame,
mentres fumo un puro.

Brindemos con ron, habanera,
da túa terra,
da costa que nunca dorme.
E así non afogaremos na travesía.

Cuba, cántoche,
un barco achégase,
e eu vou dentro,
agárdame, habanera.
Que eu quedo aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario