9 de dec. de 2009

Señor Presidente

Hoxe ten unha axenda moi apretada, Señor Presidente. Ten que dar un discurso na inauguracion da nova central nuclear, encontrarao
encima da sua mesa, logo debe ir ó barrio onde se afundiron aqueles edificios que se construiron o ano pasado, unha traxedia
sen dubida... Despois de isto ten unha comida co secretario xeral da Organizacion Anti-clerical Pro-vida,
xa sabe que debemos
contar co voto das masas ateistas antiabortistas, conforman gran parte da demografia. Pola tarde temos previsto unha visita a
base militar no deserto de Wishita, si, xa sei que iso queda no medio da nada, pero estou seguro que quedara moi satisfeito cos
novos modelos de caza intelixentes, a pesar dos problemas que tivemos no pasado estou de certo que ese aumento no presuposto
militar saira adiante despois das ameazas proferidas polo sultán de Chibiritistan, xa sabe... un deses paises de Oriente Medio...
Señor Presidente? Atopase ben? Vexoo con sono. Ben, sigamos, depois da visita a base ten que ir a un acto benefico en favor
dos nenos afectados pola fascitis necrotizante... si eu tampouco sei exactamente o que é iso pero hai que compensar con estes
actos a reduccion do presuposto en sanidade, xa sabe que alguns grupos de votantes teñen esa teima coa sanidade... Logo ten unha
cea cos nosos aliados sudamericanos polos acordos das novas rutas de entrada de cocaina, xa sabe como rematan esas ceas, sempre
levan mostras do producto para dar mais confianza... Señor? Atopase ben? Señor Presidente?! Vaia home, quedou sen bateria...
Rapido, que alguen traia o cargador do Señor Presidente, que hoxe ten unha axenda moi apretada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario