9 de out. de 2013

Death of a Clown

Ninguén se estrañou cando morreu o pallaso. De algunha forma xa todos nós agardábamos un desenlace semellante. Non é que estivese enfermo ou fose vello de máis, simplemente pasábase. Sempre se pasaba. Non había día que non estivese borracho perdido como mínimo, sempre foi dado a empinar o cóbado dunha forma un tanto esaxerada. Era propenso tamén a meterse en pelexas, tiña unha fase do colocón na que lle daba por faltarlle a todo o mundo ser vir a conto de nada. E como lle entrases ao trapo, á mínima botábaseche enriba para romperche a cara. Sen dúbida sempre foi un dos máis problemáticos, case me alegro de que morrera.

8 de out. de 2013

Not bad

Struggle is unavoidable
allow me to breath
yet futile pain unquestionable
Always go for the throat


Inner sanctum doesn't know
about no sacrificial goat
only truth is that blood flow
and some electric charge makes it float

4 de out. de 2013

Mob Rules

En canto entramos na pequena sala de estar, o xefe disparou a pregunta, a pesar de que podía ler a resposta nas nosas caras. O xefe sempre fora moi bo para esas cousas, por algo era o xefe.
-Matáchedelo?
-Pois...
-Merda, merda! Díxenvos que non o fixerades!
-Pero xefe, ao final...
-Non quero escusas, joder!! Sabedes que van vir por nós agora, debería... aquí mesmo!- o xefe sacou o revólver mentres falaba e apuntou á cachola de Gus. Sempre se poñía moi nervioso cando os plans non saían exactamente como el quería.
-Cálmese xefe, matamos ao “Gato”, si- o xefe amartelou o revólver- pero e que matámolos a todos. O xefe baixou a arma e miroume, incrédulo, cos seus ollos amarelentos, parecía un indixente que acababa de atopar vinte pavos.
-A todos? A Lazlo tamén? Como carallo iades matar vós a Lazlo? Non o creo.
-Que si, xefe. Todos mortos. Dillo ti, Gus.- a pesar da ameaza, Gus mantiña a súa habitual cara de póker.
-Si, si, Lazlo nin se deu conta do que pasaba.- prendeu un pitillo. -Pam, en todo o estómago. -fixo o xesto de apertar un gatillo mentres soltaba a primeira bocanada de fume.
-E Rizzoli..?
-Rizzoli foi o primeiro que nos cargamos. No seu propio piso, ademais– e fixen o xesto de disparar cunha escopeta, apuntando cara o xefe.
-Pero isto é extraordinario! Moi ben, rapaces! Sabía que podía vos confiar o traballo. Temos que celebralo! Colle o Cardhu!

2 de out. de 2013

Mike and the attorney

Mike atopouse nun apuro
do que non podía saír só
un día petáronlle porta
e tivo que “acompáñenos, por favor”
Unha moza de 24 anos
arrincada brutalmente
vinte e tres puñaladas nas costelas
e unha, unha soa
no medio e medio da cara.

Bungalow Bill

O rapaz observa ao lonxe. Ve una figura sentada ao lado do que parece unha tenda improvisada. Pero, que leva nas mans? O rapaz só sinte unha sede que o afoga, achégase, descoidado, á figura, aos poucos, non pode case andar. Pode que sexa a súa última esperanza. A través da intensa luz consegue adiviñar máis trazos da figura: ten unha guitarra e fáltalle unha perna, a esquerda concretamente. O rapaz mira ao seu redor por uns segundos, coma sempre, deserto ata onde alcanza a vista. Nin sequera unha pequena montaña, un montículo, unha duna, nin sequera un puto desnivel, coma se o mundo se aplanase, Galileo estaría errado nese momento. A figura vólvese cada vez máis clara a medida que o rapaz consegue vencer a intensa luz que habita na Terra permanentemente, é un vello. Esta fumando o que parece ser un pitillo de liar. O rapaz achegase, con un enorme esforzo, e di:
-Hola … ten un pouco de auga?

19 de set. de 2012

Review

Sabedes, cando estades nese momento onde só esperas que pase, e si puideses rebobinar cara adiante, faríalo. Pero estaríaste perdendo a preparación, a ansia de que chegue esa liberación, ese cambio de paradigma, chámalle voltar á casa, comprar o ítem desexado, chegar ao destino. Agardar polo bus, esperar a que apareza a paisaxe que se quere ver, creo que o concepto queda bastante claro. Pero en que se basea este desexo? Non é un continuo de tentar coller a cenoura colgada da caña, apenas a 10 centímetros dos morros, tentando con cada oscilación. "Pero hai algúns que conseguen collela!" exclaman por aí. Tamén hai xente que morre de diarrea, por se acaso non estabamos falando nos mesmos termos.

28 de xuño de 2012

Revenga

A marabillosa sensación de introducir un pequeno coitelo no espacio intercostal de alguén que o mereza, unha e outra vez, ata que se desplome no chan coma un trapo suxo.

25 de feb. de 2012

A life in a day

 Get up. Smoke. Job. Eat. Smoke. Job. Home. Eat. TV. Fuck. Smoke. Sleep. Rinse and repeat.

12 de xan. de 2012

Only one bullet left

Seguinos ata un edificio abandonado, a súa nave estaba na azotea, aterricei alí e baixei a escaleiras, coa arma na man, unha Millenium, modificada por suposto. É sorprendente como un arma creada no século XX segue a ser efectiva nos nosos días, polo menos mentres os escudos persoais estén asi de caros, non son para andar por ahí con eles. En canto acabe con isto poñereime a trastear co que chegou antonte, a ver que se pode facer. Baixo ata a planta corenta e sete, quito o seguro na corenta e oito. En canto abro a porta que da ao descansiño, recibeme un estrondo, do cal me escudo ca porta.

1 de dec. de 2011

How to disappear completely (And never be seen again)

As... sete? oito? Aínda non é de día, iso polo menos esta claro, xa é algo. Canto tempo levo metido ahi dentro? Sei que perdín aos chavales despois de sairmos do O'Jameson, maldita sexa a furcia que seguín, e que peor destino recaia sobre os seus ollos turquesa e a súa 95D. Merda, son un poeta borracho. Máis borracho que poeta. Por aquí vaise á casa non?

"Vas colocado, cego, posto, no aire... seguro que queres ir para casa?"