En canto entramos na pequena sala
de estar, o xefe disparou a pregunta, a pesar de que podía ler a resposta nas
nosas caras. O xefe sempre fora moi bo para esas cousas, por algo era o xefe.
-Matáchedelo?
-Pois...
-Merda, merda! Díxenvos que non o
fixerades!
-Pero xefe, ao final...
-Non quero escusas, joder!!
Sabedes que van vir por nós agora, debería... aquí mesmo!- o xefe sacou o
revólver mentres falaba e apuntou á cachola de Gus. Sempre se poñía moi
nervioso cando os plans non saían exactamente como el quería.
-Cálmese xefe, matamos ao “Gato”,
si- o xefe amartelou o revólver- pero e que matámolos a todos. O xefe baixou a
arma e miroume, incrédulo, cos seus ollos amarelentos, parecía un indixente que
acababa de atopar vinte pavos.
-A todos? A Lazlo tamén? Como
carallo iades matar vós a Lazlo? Non o creo.
-Que si, xefe. Todos mortos.
Dillo ti, Gus.- a pesar da ameaza, Gus mantiña a súa habitual cara de póker.
-Si, si, Lazlo nin se deu conta
do que pasaba.- prendeu un pitillo. -Pam, en todo o estómago. -fixo o xesto de
apertar un gatillo mentres soltaba a primeira bocanada de fume.
-E Rizzoli..?
-Rizzoli foi o primeiro que nos
cargamos. No seu propio piso, ademais– e fixen o xesto de disparar cunha
escopeta, apuntando cara o xefe.
-Pero isto é extraordinario! Moi
ben, rapaces! Sabía que podía vos confiar o traballo. Temos que celebralo!
Colle o Cardhu!