A través da lúa da
cápsula, Johann podía ver como se ía achegando á Terra. Facía dez anos que non
regresaba, “só é un planeta deserto” pensou, mais lembrandose ao mesmo tempo da
súa estancia alí como soldado. Johann nacera como un marciano de terceira
xeración, na colonia 01-ZEUS, que foi o máis parecido que tivo a un fogar. Neto
de emigrantes alemáns que se mudaran durante a Primeira Gran Fuga, nunca
compartiu a nostalxia que sentían os vellos pola Terra: para el só representaba
morte, desolación e baleiro. Falábanlle dos grandes océanos, dun azul intenso:
el só viu o reflexo grisaceo das nubes radioactivas que cobren a maior parte do
planeta. E cando oe falar da abundancia e diversidade da flora e fauna, só pode
recordar a estrañas criaturas que xa non sabían nin como evolucionar para
sobrevivir nun ambiente tan hostil. Os únicos sitios nos que quedan
asentamentos humanos na Terra son os Polos e a Colonia Transiberiana: Johann
sabía que estaba perdido, aínda que caese nunha das zona habitadas sería
executado ao momento por ser de Marte, e si caía nun sitio inhóspito- ou peor,
nun dos numerosos campos de batalla- íalle ser imposible sobrevivir durante
máis de tres días. Todo isto supoñendo que a entrada na densa e corrupta
atmosfera non esnaquizase a cápsula de escape, deseñada para flotar polo espazo
e non para entrar nunha atmosfera de clase F. Mentres meditaba sobre a súa
desesperada situación, Johann trataba de captar algún improbable sinal polo
comunicador, a pesar do risco de contactar accidentalmente con algunha nave
militar. Nada. Desesperado, prendeu unha obsoleta radio que había a bordo para
emerxencias. Ao principio, só o habitual e monótono zunido do ruído das ondas
de radio con algúns cortes. Johann atopábao relaxante, así que decidiu deixalo
para pasar as súas últimas horas con tranquilidade.
Amosando publicacións coa etiqueta Space Opera b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Space Opera b>. Amosar todas as publicacións
24 de dec. de 2014
12 de xan. de 2012
Only one bullet left
Seguinos ata un edificio abandonado, a súa nave estaba na azotea, aterricei alí e baixei a escaleiras, coa arma na man, unha Millenium, modificada por suposto. É sorprendente como un arma creada no século XX segue a ser efectiva nos nosos días, polo menos mentres os escudos persoais estén asi de caros, non son para andar por ahí con eles. En canto acabe con isto poñereime a trastear co que chegou antonte, a ver que se pode facer. Baixo ata a planta corenta e sete, quito o seguro na corenta e oito. En canto abro a porta que da ao descansiño, recibeme un estrondo, do cal me escudo ca porta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)