12 de xan. de 2012

Only one bullet left

Seguinos ata un edificio abandonado, a súa nave estaba na azotea, aterricei alí e baixei a escaleiras, coa arma na man, unha Millenium, modificada por suposto. É sorprendente como un arma creada no século XX segue a ser efectiva nos nosos días, polo menos mentres os escudos persoais estén asi de caros, non son para andar por ahí con eles. En canto acabe con isto poñereime a trastear co que chegou antonte, a ver que se pode facer. Baixo ata a planta corenta e sete, quito o seguro na corenta e oito. En canto abro a porta que da ao descansiño, recibeme un estrondo, do cal me escudo ca porta.

-Rashid, é mellor non montar escándalo. Sabes que che vou acabar pillando, tes a condea no pescozo.
-A condea por intentar salir daquel inferno? Kevin, ata cando vas seguir sendo un can? Se sabes de sobra o que fan os teus amos para darche de comer.
-A única moralidade que precisa un can é non morder a man que o alimenta.
Saío dun chimpo pola porta, disparo dous tiros e cubrome na esquina, case tropezo cunha puta maceta que non sei a quen demo se lle ocorreu meter ahí, a pouco máis dame o malnacido este.
-Isto vai en serio, non quero ser eu o que che mate. Non me des máis problemas cos meus xefes, xa me diches bastantes.
-E o peor de todo, fuches ti o que me metiches nese veleno. Si, Kevin, pensao, é o noso destino, rebentarnos o un ó outro a balazos.
-Chamaslle destino a roubar 4 quilos de metacristal? Pensabas que non se iba notar?
-Precisabao para fuxir!- xorbe os mocos con forza.
-E canto precisabas meter para fuxir exactamente? Que quedan, 3 quilos?
-Idiota, vendín o resto!
No medio da súa frase, saío da miña protección, fixo o branco na mesa que esta tumbada no chan a modo de parapeto e disparo dúas veces no centro. As queixas tardan de máis.
-Augh! Fillo de puta déchesme na man.
Ao volver a aquela oportuna esquina, o corredor en forma de T faiseme máis estreito, pégome un pouco á parede, para evitar que me aplaste. Hora de facer de pai.
-Rash, Rashid, estas ferido, tira a arma e falaremolo. Mira, non teño porque entregarche, vale? Penseino e creo que tes parte de razón, os xefes quizais esten sendo algo duros.
-Non me tomes por imbécil, Kevin, seime todos os procedementos... do libro, si mos ensinaches ti, recordas? ...Importame un carallo...- a súa voz entrecortase pola dor, debinlle dar no centro da man. Continúa falando. Non oín a pistola caer ao chan, así que lle din na man na que non ten o arma. Tendo en conta que a primeira bala foi a centro da mesa, e a segunda foi algo máis á dereita, debe estar no lado dereito.
Afianzado pola miña confianza de onde esta o obxectivo, saio novamente, está vez si, disparo directamente ao lado dereito da mesa, facendo dous brancos arriba e abaixo, un terceiro tiro vaiseme e da na parede, facendo caer un anaco de pintura e xeso. Desta vez as queixas están ausentes. Silencio. Mateino?
-Estas perdendo puntería, ha ha...
É certo. Rashid é zurdo. Unha porta abrese ao outro lado do corredor.
-Rash, non aguanto máis, que está pasando!?
-Cynthia volve dentro!
-Cynthia!? Foise contigo... Puta estúpida.
-Kevin... Rash, estás ferido?- Cynthia tenta achegarse ao refuxio de Rashid, pero eu estou por medio, disparo un tiro ao chan para que se deteña. Rashid sae da súa covertura para martelear dúas veces, unha na parede e outra no meu costado. Só me rozou.
-Augh... Cynthia pola túa culpa! Volve dentro! Non me obriges a dispararche.
-Non te atreverás Kevin! Non tes collóns! Só serves para cumprir ordes!
-E esas ordes inclúen eliminar a calquera que me impida executar a orde de captura contra Rashid-El-Ahmad.
-Kevin... Non, Karim Al-Yahad, quen eres?
Enfadeime. Un pouquiño.
-Non te atrevas a usar ese nome... ese home representa o pasado. Vivides no maldito pasado. Eu sobrevivo. É así de simple.
-Karim, eses tempos non pasaron. Podemos fuxir deste planeta, cantos mortos máis necesitas? Joel, Wong, Annie...
-Merda, Cynthia, volve a dentro.- doeme a ferida, queima bastante. Preguntome se Rashid tamén estará sufrindo.
-Cynthia collea!- Rashid lanzou a pipa a ras do chan cara Cynthia, saín rápidamente e disparei erradamente, desequilibrado pola dor do costado, caío de rodillas no chan. Parece que me rozou máis do que pensaba, tapo a ferida co baixo da gabardina, empapase nun minuto. Apunto cara a mesa
-Cynthia solta a arma ou disparolle a Rashid e despois a ti se fai falta. Xa o fixen unha vez.
-Kevin, vasme matar?!
-Cynthia, serás ti quen de matarme a min?
-Sei que só che queda unha bala, Kevin.- Rashid erguérase do seu escondite. - A Millenium ten un cargador de dez balas, se non me trabuco. É a túa favorita, non si? - Rash ri mentres avanza cara min co que parece un cortador láser de peto. -Escolle entón, morrer dun disparo ou que eu che rebane o pescozo, que prefires? Non sei se Cynthia poderá dispararche así, pero si me matas estou seguro de que sí. Un final épico, non si?! Ha ha ha
Doume conta da situación. Comezo a rir xunto con Rash. Cynthia baixa un pouco a arma, os ollos brillanlle. Sabe o que vai pasar.
-Por fin o entendiches, a ironía do destino, Kevin! Ha ha ha!
-Si, a ironía!
Doume a volta e disparolle a Cynthia limpamente na cabeza, fecho os ollos un segundo antes de facelo. Rash queda paralizado, saltanlle as bágoas.
-Uso unha Millenium Pro. Doce balas.- sorríolle brevemente.
Síntense dúas pequenas explosións, coma petardos, xunto cun leve laio. 11,43 milímetros de díametro atravesan uns cantos organos internos, entre eles o corazón, de Rashid. O láser caelle da man, os disparos non afectan á inercia de Rash: desplómase no sitio.
Collo a bolsa co que queda da mel e uns trinta mil en efectivo. O motor brua ao arrincar, e a pesar de que a luz de revisión está prendida, Arteia vai suave coma a seda e podo ver a través da ventá da cabina como a noite artificial comeza a caer sobre Deimos. Fumo unha pipa de metacristal, ben merecida, coloco un vinilo, Charlie Parker, e deixo que o sistema médico faga o resto.
Mañá será outro día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario