1 de dec. de 2011

How to disappear completely (And never be seen again)

As... sete? oito? Aínda non é de día, iso polo menos esta claro, xa é algo. Canto tempo levo metido ahi dentro? Sei que perdín aos chavales despois de sairmos do O'Jameson, maldita sexa a furcia que seguín, e que peor destino recaia sobre os seus ollos turquesa e a súa 95D. Merda, son un poeta borracho. Máis borracho que poeta. Por aquí vaise á casa non?

"Vas colocado, cego, posto, no aire... seguro que queres ir para casa?"



Seguro que si, inda que non recordaba que a rúa fose tan estreita... Cal é o problema desas farolas? Pero non se  supón que isto é unha estrada... onde van as beirarrúas?

"Sempre perdido. Atopate, cabrón"

Si se vai toda a vida por aquí, si, xusto alí esta a horta chea de maceiras, a valla verde, e un pouco máis adiante está a única palmeira da redonda... onde está a palmeira? Serei eu?

"Por iso todo o mundo anda a patadas contigo."

Non, teño aspecto máis ben de balón de rugby... que? Sei que non podo parar de camiñar, obliganme as farolas intermitentes. Significarán algo?

"Probablemente non"

Esta puta rúa non vai acabar n-u-n-c-a, canto levo camiñando?

"O suficiente"

(O coche sae da nada, coma un cabalo espectral na noite xeada, bufando a través do escape e dos focos, nada que ver, nada que sentir)

Merda! Pensei que se me viña encima, que carallo? Estou camiñando polo puto medio da estrada! Vale, agora si que estou horrible. E parece que aínda falta... non é ese o semáforo de fai 5 minutos?

"Si, idiota"

(Non se deu conta das pintadas. De momento.)

Dende logo, os grafiteiros estan descontrolados, agora ata pintan no medio da estrada. Están en inglés?

[Non estou] [Cambia]

Non estou? Eu estou, outra cousa que teño ben certa, e xa van dúas. Debo de estar en racha.

(As luces pasan bruando, limpamente a través, os condutores... o son da folla dunha navalla)

Que foi iso?

"Nada"

Como que nada?

(Silencio)

[Cando remata?]

(E segue sen mirar atrás)

Esta a pasar algo... podo notalo. Que sitio é este? Non se ve a estrada, case que non vexo nada. Non debería ser xa de día? Estos coches non  me deixan ver nada, apartade carallo!

"Non o sintes?"

(Os coches seguén atravesandoche limpamente, polo medio da estrada, sen un parón próximo)

[Non estou aquí. Non esta pasando]

"Non entendes nada!"

[É un soño. Estou durmindo. Cando nos vamos?]

Noto a estrada mollada, hai uns manchóns que tapan as liñas. Sempre recto, así chegarei á casa e rematará o pesadelo. Teño a cara empapada.

"É o máis lóxico. Por certo, daste conta de que estas atravesando coches conducidos por meras sombras?"

Como xa dixen, acabará o pesadelo. Hai que resistir, nunca deixar de camiñar!

(Frenético e apartando os coches cos brazos de maneira innecesaria, contra vento e pintadas de sangue branco no chan, continúa a longa marcha ao despertar)

[O soño remata aquí]

Vaia, un que para e non se me bota enriba. Boas noites, podeme levar á casa por favor?

"Sube"

Hei son eu! Sei conducir sequera?

[MENTIRAS]

(E o violento golpe recibido tempo atrás faiseme presente)

Hei, ese tamén son eu! O que conduce, son eu! E alí atrás, sen pernas, son eu! O que pintou todo isto, co que pintaron todo isto... fun eu.

(Tentas arrastrarte a un lugar seguro antes de que che atropelen outra vez, no chan podes ler)

[Non te movas. Non estas aquí. Isto non está a pasar.]

E cando por fin pensaba que chegaría a casa...

"Disfruta mentres poidas, isto acábase... xa perdiches a vista"

(Chegas a un sumidoiro, tentas beber da auga que cae por el, tinxindoa de vermello no proceso)

[Estás desperto. Non estás aquí]

"Ninguén, ninguén se vai preocupar por ti."

[Non esta pasando, non estás]

(Nunca foi unha imaxe tan lenta, tan sutil, eres case traslucido para a realidade)

Non estou, isto non esta pasando.

"Non pensas, non esta pasando"

(Non se che ve, non esta pasando)

[E nunca máis serás visto]

Non estou, non está pasando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario