O rapaz observa ao lonxe.
Ve una figura sentada ao lado do que parece unha tenda improvisada. Pero, que
leva nas mans? O rapaz só sinte unha sede que o afoga, achégase, descoidado, á
figura, aos poucos, non pode case andar. Pode que sexa a súa última esperanza.
A través da intensa luz consegue adiviñar máis trazos da figura: ten unha
guitarra e fáltalle unha perna, a esquerda concretamente. O rapaz mira ao seu
redor por uns segundos, coma sempre, deserto ata onde alcanza a vista. Nin
sequera unha pequena montaña, un montículo, unha duna, nin sequera un puto
desnivel, coma se o mundo se aplanase, Galileo estaría errado nese momento. A
figura vólvese cada vez máis clara a medida que o rapaz consegue vencer a
intensa luz que habita na Terra permanentemente, é un vello. Esta fumando o que
parece ser un pitillo de liar. O rapaz achegase, con un enorme esforzo, e di:
-Hola … ten un pouco de
auga?
O vello continua tocando,
sen sequera miralo. O rapaz non recoñece a canción, inda que lle recorda a Cash
ou a algo tipo grassroots. O sombreiro de palla impide ao rapaz verlle os
ollos, mais está seguro de que non apuntan cara el.
-Hei … só quero auga, de
verdade- o rapaz tuse o que parece unha nube de po.- sei que nestes momentos é
moito pedir, mais xa pode ver como estou …
O vello deixa de tocar e
apoiase na guitarra, sofre coma unha cambre, un raio que fai que aperte a
expresión neutral dos beizos durante un segundo. Axita a perna cortada no aire
un par de veces e dirixe a súa mirada cara o rapaz. No lugar do ollo esquerdo
alóxase unha cicatriz, un corte de navalla ou coitelo en vez do globo ocular. O
dereito crávase nos ollos do rapaz, dunha cor verdosa.
-Vaite.
-Señor, só lle pido un
pouco de auga. Se non … penso que vou morrer aquí, levo un día enteiro
camiñando e non podo máis …- a voz do rapaz entrecortase. Esta realmente mal,
os beizos son tan ermos coma o plano que os rodea. O vello desvía a mirada cara
o muñón e contesta co ollo debaixo da ala do sombreiro de palla.
-Fora daquí, hostia!
-Síntoo, pero vou ter que
… beber da súa auga, queira ou non.- o rapaz deu dous pasos e parouse en seco
cando o vello lle apuntou ca guitarra. Fixouse mellor no instrumento. Por
detrás do mástil, acoplado con cinta aillante, un canón de escopeta dobre, o gatillo
na parte de atrás do corpo. Un deseño basto pero efectivo. O rapaz ergueu os
brazos paseniño, dunha forma que recordaba aos ionquis que antes poboaban as
cidades que agora xa non existen.
-Señor, non…
-Que remexías no peto?
Íasme rachar, ou algo peor, coma o fillo de puta anterior, non si?- o vello
cravou o ollo no rapaz, coma se xa tivera feito o disparo e apertar o gatillo
fose un mero trámite.
-Eu non!- o rapaz púxose
nervioso.- só era… só era tabaco!- sacou unha cajetilla branda, case desfeita
polo suor que enchoupaba o pantalón na zona das cadeiras. O ollo do vello pasou
de revólver a cordeiro nunha décima de segundo. Sacou a man do gatillo e tirou
con furia o pitillo de liar.
-Tabaco … de verdade?
-Si … si … era só tabaco,
só tabaco …
-Dame … dame un.- a cara
do vello radiaba unha felicidade insoportable xunto coa maldita luz. Parecía un
santo.
-Tome, tome todos, pero
non dispare.- o rapaz tiroulle a cajetilla ao vello que fallou ao collela. O
rapaz achegouse máis.
-Tranquilo, doulla eu …
pero podo beber auga dunha vez, por favor?
O vello prendeu o pitillo
cuns mistos que levaba no peto da camisa a cadros, queimando un par de pelos da
considerablemente mesta barba, cun bigote dunha cor máis amarela que gris.
-Si, como non! Tabaco,
tabaco de verdade! Levaba fumando herballos durante xa non sei canto tempo, e
xa comezaban a escasear…- o rapaz baixou a vista e fixouse nunha biblia rachada
por todas partes ao lado da cantimplora mentres bebía ansiosamente. Cando
acabou, o vello non vira unha cara tan agradecida na súa vida, nin sequera na
anterior. O rapaz tomou asento no chan, creando unha pequena polvareda ao caer
sobre o solo.
-Non é vostede un home de
Deus precisamente…
-Son máis home de nicotina.-
o vello deu unha longa calada.- Hai que aproveitar os recursos dispoñibles, e
máis na miña situación. Non son tempos de deuses precisamente.-volveu dar outra
calada, cada vez máis longas.
Aparcou a guitarra a un
lado e axustou un pouco a posición na caixa de cervexas sobre a que estaba
sentado, no proceso volveu facer o mesmo aceno de dor, algo máis intenso que o
anterior quizais.
-E que lle pasou …?- o
vello interrompeu inmediatamente.
-Exactamente o mesmo que
agora, só que daquela era un cabrón con malas intencións. Disparoume no xeonllo
antes de que puidese voarlle a cabeza coa escopeta. Agora repousa máis ou menos
onde estas sentado.-o rapaz abriu os ollos con esa mención.- Non son home de
Deus pero os cadáveres acaban apestando, iso teñoo ben aprendido.- o vello
botou a man á cicatriz ocular mentres daba outra longa calada, esta vez
consumiu un cuarto do pouco que quedaba do cigarro.
-E como …?
-Cortar e lume. Teño un
machete na tenda. Cousas peores se fixeron.- as caladas do vello parecían infinitas.
-E o ollo …?
-Na guerra, rapaz.
Metralla. Corta como a espada dun espartano e queima coma o ácido sulfúrico.
-Xa, claro ...
Ao día seguinte, o rapaz
bebía da cantimplora, tranquilo, cunha lata de atún aberta na outra man,
sentado na caixa de cervexas. Despois deste pequeno almorzo, púxose a xogar
despreocupadamente coa súa navalla automática e mirou durante un anaco a
guitarra recostada contra a tenda, pensando no seu seguinte movemento. De
momento tiña provisións abondas, mais aínda non sabía en que dirección
dirixirse, pois o deserto, recentemente formado, semellaba igual en tódalas
direccións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario