Saíu do medio da maleza coma un lóstrego, arrincando
a man que sostiña a preciada cesta. A moza berrou, dando un chío que
contrastaba co son xordo do bimbio contra o chan. Dándose a volta tras
cuspir a man que sostiña na boca, saltou de novo. O lobo, cunha soa dentellada,
separou a cabeza da carrapuchiña vermella do resto do corpo, tal e como faría
calquera lobo con fame. O pequeno corpo quedou inerte, naturalmente, incapaz de
articular queixa algunha. Despois de destrozar o pescozo da rapaza, o lobo,
sen saber por que, sentiuse baleiro. Aínda así, comeu aproxidamente a metade da
presa e volveu a perderse no medio do monte, de onde sempre sairá ata a fin dos
tempos.
27 de nov. de 2013
22 de out. de 2013
Mariachis killed my wife
A noite víase clara e despexada e aínda nin se adiviñaban os
primeiros raios de sol da mañá. Clara, de 24 anos, volve do seu
traballo como camareira nunha discoteca local dunha cidade do país. Esta a
punto de prender un pitillo cando dobra a esquina un home duns trinta e moitos anos, mal barbeado e cun aspecto bastante lamentable. Tropeza coa
moza, botándolle o cigarro ao chan. A rapaza recupera o cigarro e érguese, só
para atoparse coa mirada de terror do home.
-Os mariachis!- balbuceaba.-pero se hai alguén non se
atreverán a vir... si...
Clara conclúe que o tipo non debía estar moi ben da olla.
Alónxase a paso rápido, e o home axiña vai detrás dela.
-Agarda, por favor!! Vanme matar a min tamén!!
Clara aperta máis o paso, tentando desfacerse do seu
perseguidor, mais este non desiste mentres chama por ela coma un meniño, ata
que comezou a saloucar. A rapaza parase, quizais sente pena polo home, ou
quizais pensa que é mellor seguirlle a corrente ata que poida chamar á
policía. De todas formas, Clara pregúntalle ao home que era todo aquilo dos
mariachis, pregunta da que axiña se arrepinte.
14 de out. de 2013
Katana
-Cari, teño unha sorpresa.- a cara de Billy é unha
mestura entre complicidade e secretismo.
-Huh?- Diana incorpórase na cama e recolle a
camiseta tirada no chan para poñela.- De que se trata? É un regalo?- ilumínanselle
os ollos.
-Hum… algo así. Agarda que cha ensino.- Billy sae da
habitación e axiña regresa cunha espada xaponesa, unha katana, enfundada nunha
funda de madeira e cun par de borlas na empuñadura. Diana, que aproveitou para
prender un pitillo post-coital, mira marabillada a arma.
-Wow, pero é auténtica?
-Pois claro que é auténtica.- Billy saca a espada da
funda, semella estar afiada de verdade.- É unha réplica dunha Muramasa, aquelas
que perdeu o emperador xaponés cando fuxiu a China ao acabar a Segunda Guerra
Mundial. Ou iso dicía na páxina web.- Diana escoita a explicación sen demasiado
interese.
-Semella perigosa, deberías gardala antes de que te
cortes un dedo.- di Diana, rindo polo baixo.
-Non sexas parva, ben sabes que levo andando con
estas cousas dende que era un adolescente. E aínda falta o primeiro día que
pase algo.- Billy da un par de estocadas ao aire.
-Coidado!- instintivamente a moza pon os brazos
diante da cara.
9 de out. de 2013
Death of a Clown
Ninguén se estrañou cando morreu o pallaso. De algunha forma
xa todos nós agardábamos un desenlace semellante. Non é que estivese enfermo ou
fose vello de máis, simplemente pasábase. Sempre se pasaba. Non había día que
non estivese borracho perdido como mínimo, sempre foi dado a empinar o cóbado
dunha forma un tanto esaxerada. Era propenso tamén a meterse en pelexas, tiña
unha fase do colocón na que lle daba por faltarlle a todo o mundo ser vir a
conto de nada. E como lle entrases ao trapo, á mínima botábaseche enriba para
romperche a cara. Sen dúbida sempre foi un dos máis problemáticos, case me
alegro de que morrera.
8 de out. de 2013
Not bad
Struggle is unavoidable
allow me to breath
yet futile pain unquestionable
Always go for the throat
Inner sanctum doesn't know
about no sacrificial goat
only truth is that blood flow
and some electric charge makes it float
allow me to breath
yet futile pain unquestionable
Always go for the throat
Inner sanctum doesn't know
about no sacrificial goat
only truth is that blood flow
and some electric charge makes it float
4 de out. de 2013
Mob Rules
En canto entramos na pequena sala
de estar, o xefe disparou a pregunta, a pesar de que podía ler a resposta nas
nosas caras. O xefe sempre fora moi bo para esas cousas, por algo era o xefe.
-Matáchedelo?
-Pois...
-Merda, merda! Díxenvos que non o
fixerades!
-Pero xefe, ao final...
-Non quero escusas, joder!!
Sabedes que van vir por nós agora, debería... aquí mesmo!- o xefe sacou o
revólver mentres falaba e apuntou á cachola de Gus. Sempre se poñía moi
nervioso cando os plans non saían exactamente como el quería.
-Cálmese xefe, matamos ao “Gato”,
si- o xefe amartelou o revólver- pero e que matámolos a todos. O xefe baixou a
arma e miroume, incrédulo, cos seus ollos amarelentos, parecía un indixente que
acababa de atopar vinte pavos.
-A todos? A Lazlo tamén? Como
carallo iades matar vós a Lazlo? Non o creo.
-Que si, xefe. Todos mortos.
Dillo ti, Gus.- a pesar da ameaza, Gus mantiña a súa habitual cara de póker.
-Si, si, Lazlo nin se deu conta
do que pasaba.- prendeu un pitillo. -Pam, en todo o estómago. -fixo o xesto de
apertar un gatillo mentres soltaba a primeira bocanada de fume.
-E Rizzoli..?
-Rizzoli foi o primeiro que nos
cargamos. No seu propio piso, ademais– e fixen o xesto de disparar cunha
escopeta, apuntando cara o xefe.
-Pero isto é extraordinario! Moi
ben, rapaces! Sabía que podía vos confiar o traballo. Temos que celebralo!
Colle o Cardhu!
2 de out. de 2013
Mike and the attorney
Mike atopouse nun apuro
do que non podía saír só
un día petáronlle porta
e tivo que “acompáñenos, por favor”
Unha moza de 24 anos
arrincada brutalmente
vinte e tres puñaladas nas costelas
e unha, unha soa
no medio e medio da cara.
Bungalow Bill
O rapaz observa ao lonxe.
Ve una figura sentada ao lado do que parece unha tenda improvisada. Pero, que
leva nas mans? O rapaz só sinte unha sede que o afoga, achégase, descoidado, á
figura, aos poucos, non pode case andar. Pode que sexa a súa última esperanza.
A través da intensa luz consegue adiviñar máis trazos da figura: ten unha
guitarra e fáltalle unha perna, a esquerda concretamente. O rapaz mira ao seu
redor por uns segundos, coma sempre, deserto ata onde alcanza a vista. Nin
sequera unha pequena montaña, un montículo, unha duna, nin sequera un puto
desnivel, coma se o mundo se aplanase, Galileo estaría errado nese momento. A
figura vólvese cada vez máis clara a medida que o rapaz consegue vencer a
intensa luz que habita na Terra permanentemente, é un vello. Esta fumando o que
parece ser un pitillo de liar. O rapaz achegase, con un enorme esforzo, e di:
-Hola … ten un pouco de
auga?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)