A través da lúa da
cápsula, Johann podía ver como se ía achegando á Terra. Facía dez anos que non
regresaba, “só é un planeta deserto” pensou, mais lembrandose ao mesmo tempo da
súa estancia alí como soldado. Johann nacera como un marciano de terceira
xeración, na colonia 01-ZEUS, que foi o máis parecido que tivo a un fogar. Neto
de emigrantes alemáns que se mudaran durante a Primeira Gran Fuga, nunca
compartiu a nostalxia que sentían os vellos pola Terra: para el só representaba
morte, desolación e baleiro. Falábanlle dos grandes océanos, dun azul intenso:
el só viu o reflexo grisaceo das nubes radioactivas que cobren a maior parte do
planeta. E cando oe falar da abundancia e diversidade da flora e fauna, só pode
recordar a estrañas criaturas que xa non sabían nin como evolucionar para
sobrevivir nun ambiente tan hostil. Os únicos sitios nos que quedan
asentamentos humanos na Terra son os Polos e a Colonia Transiberiana: Johann
sabía que estaba perdido, aínda que caese nunha das zona habitadas sería
executado ao momento por ser de Marte, e si caía nun sitio inhóspito- ou peor,
nun dos numerosos campos de batalla- íalle ser imposible sobrevivir durante
máis de tres días. Todo isto supoñendo que a entrada na densa e corrupta
atmosfera non esnaquizase a cápsula de escape, deseñada para flotar polo espazo
e non para entrar nunha atmosfera de clase F. Mentres meditaba sobre a súa
desesperada situación, Johann trataba de captar algún improbable sinal polo
comunicador, a pesar do risco de contactar accidentalmente con algunha nave
militar. Nada. Desesperado, prendeu unha obsoleta radio que había a bordo para
emerxencias. Ao principio, só o habitual e monótono zunido do ruído das ondas
de radio con algúns cortes. Johann atopábao relaxante, así que decidiu deixalo
para pasar as súas últimas horas con tranquilidade.
24 de dec. de 2014
23 de dec. de 2014
2 de out. de 2014
Five Minutes
O ventilador zumba delatando a orixe chinesa, quizais taiwanesa.
Varios pensamentos corren veloces pola miña cabeza e non consigo decidirme a
escribir un tipo de texto ou outro, resultando nesta especie de prosa inconexa
ao ritmo dun rapeiro xaponés morto mentres abanean as cortinas. O antimosquitos
fai o seu efecto: a mesa chea de corpos inertes de coleópteros. É estraño que o
chisqueiro siga tendo gas, semella que levo meses usandoó.
10 de set. de 2014
No time
Dou unha calada. O papel retrocede ante o brillo laranxa e
axiña noto o aloumiño do fume na traquea. Hoxe
foise a luz en toda a cidade. A xente foxe para as súas casas e eu río
coa moza dos tres pendentes. Volto a dar outra calada. Os fungos berran:
“Sácanos de aquí! Imos afogar!”. Ignoro as súas súplicas e céntrome no bucle
musical. A parte intensa. Ollo o reloxo. Podería dicir que hora é, pero vou
pasar. Xa non me lembro. E outra volta. Queda cravado no cinseiro. O sol non
quere saír. E quen son eu para persuadilo do contrario. Deixemos que cada un
actúe ao seu ritmo, sen presa. Conxelados frescos, metacrioxénese que se
apodera do ser. Lograr a velocidade absoluta para poder medirse nunha carreira
mortal contra a frecha do tempo. Gañar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)