19 de set. de 2012
Review
Sabedes, cando
estades nese momento onde só esperas que pase, e si puideses rebobinar cara
adiante, faríalo. Pero estaríaste perdendo a preparación, a ansia de que chegue
esa liberación, ese cambio de paradigma, chámalle voltar á casa, comprar o ítem
desexado, chegar ao destino. Agardar polo bus, esperar a que apareza a paisaxe
que se quere ver, creo que o concepto queda bastante claro. Pero en que se basea
este desexo? Non é un continuo de tentar coller a cenoura colgada da caña,
apenas a 10 centímetros dos morros, tentando con cada oscilación. "Pero
hai algúns que conseguen collela!" exclaman por aí. Tamén hai xente que
morre de diarrea, por se acaso non estabamos falando nos mesmos termos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)