1 de dec. de 2011

How to disappear completely (And never be seen again)

As... sete? oito? Aínda non é de día, iso polo menos esta claro, xa é algo. Canto tempo levo metido ahi dentro? Sei que perdín aos chavales despois de sairmos do O'Jameson, maldita sexa a furcia que seguín, e que peor destino recaia sobre os seus ollos turquesa e a súa 95D. Merda, son un poeta borracho. Máis borracho que poeta. Por aquí vaise á casa non?

"Vas colocado, cego, posto, no aire... seguro que queres ir para casa?"

5 de xul. de 2011

Arena

O ruído do público cesou durante 2 segundos, exactamente o que o xigantesco rival tardou en arrincar a cancela de ferro que o separaba da súa seguinte víctima. En canto a pesada porta de barrotes tocou o chan puidose ver completamente á besta que volveu a por de moda os combates. Inda así, Eukrates viase confiado, a pesar da diferencia de 143 kilos que o separaban do seu ruidoso e babexante contricante. Entre os nobres podíanse distinguir frases do tipo "Din que é capaz de rebentar un grano só con facer forza cos músculos da cara" e "Por fin está pagando a pena o abono de temporada!" Co tridente na man, Eukrates deu un paso adiante por fin. A besta fixou a súa vista nel.

23 de xan. de 2011

O último telediario

Todas as informacións apuntan a unha posible capitulación por parte de...