9 de dec. de 2009

Reflexións do asasino

Mateino. Está morto. Inmóbil. Non respira. Merda. Merda e mais merda. Vale. Tranquilízate. Podes amañalo, non ten porque ser un problema. Agocha o cadáver, desfaite del, é sinxelo, sabes onde facelo. Ben, ninguén o atopara aí. Pero non sexas estúpido, vano botar en falta e van saber que fuches ti. Nunca che gustou, nunca che caera ben, nunca foi un bo sustituto. E eles sábeno, van saber que foches ti. E non tes coartada, estabas só con el cando pasou todo. Certo é que non hai probas, pero non as precisan, van encerrarche por isto.
Ben, traza un plan, tranquilízate, non hai arma do crime, fixéchelo coas túas propias mans, por aí non che van pillar, pero... e as pegadas dactilares? Vanas analizar se non lles queda outra... Espera... Víchelo na tele, é doado facelo, colle o mecheiro e queima os dedos, logo dálles coa lima... Dios, como doe!! Pero paga a pena, non podes deixar rastro. Sigue así... xa case está... Ben, agora a outra man... Non chores, non é o momento, pero claro, dóeche, e ademais aínda con isto non tes escapatoria... Vale, xa está. Non sexas pesimista, tes un recurso, é o momento de actuar, de fuxir. Podes ir para a casa de Tomás, débeche unha dende que o libraches deses matóns. Tomás sempre fora un tipo mais ben enclenque, así foi como o coñeciches e vos fixestes amigos. Claro, pedireille que me agoche na súa casa ata que as cousas se enfríen un pouco, logo xa poderei fuxir a outro país. Quizais México, como os fuxitivos das películas americanas. Pero a fronteira ía ser un problema, seguramente xa che estarían buscando para aquela. Merda, terás que contratar un deses coches que saen nas reportaxes e levan xente nos maleteiros, vai ser algo incómodo pero todo sexa por fuxir, que non te collan. Pero que estou decindo? Fuxir? Imposible, encontrarante antes, vano saber todo e vas ter que pagar por este erro. Porque foi un erro, non quería matalo, só o estaba provocando, para ver o que pasaba, pero paseime. Sempre me paso, teño que aprender a parar a tempo. Pero non me podo render, agora non! Iso é, chamarei a Tomás, direille que me faga o favor. Non me gusta complicarlle así a vida pero é preciso, non podo quedar aquí, non despois disto... Un momento... escoito ruídos de coche... Merda e mais merda!! Xa están aquí, estou fodido!! Rápido, pensa... Non, non hai escapatoria, vanse dar conta... Xa entran pola porta, merda e mais merda!! Escóndete rápido! Antes de que se dean conta. Non, é demasiado tarde, xa o atoparon, merda e mais merda!!

-Antón!! Que lle fixeches ao peixiño?!

Merda e mais merda...

2 comentarios: